Carlos Callón: “Non só é un ataque contra a liberdade de opción lingüística, é un ataque contra a liberdade de expresión”.
Queremos Galego chama a “Parar os ataques contra o galego”, logo desta nova agresión contra a nosa lingua.
Representantes da Plataforma unitaria Queremos Galego comparecían esta mañá en conferencia de imprensa para denunciar a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de antelación á manifestación convocada para mañá, Día das Letras Galegas, comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia no contencioso-administrativo. A xustiza concedeu todas as autorizacións pertinentes.
A Plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, convoca a manifestación baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. Un lema que, segundo explicou Carlos Callón, o seu portavoz, é hoxe especialmente acaído “porque onte mesmo tivemos novos exemplos, mesmo sen precedentes, como o feito de que o concello de Santiago de Compostela tentase obstaculizar, en todo o que son competencias municipais, que esta mobilización se poida desenvolver”.
O concello de Santiago emitiu, a 48 horas da celebración dunha manifestación que se agarda que sexa multitudinaria, unha resolución denegando os permisos para colocar un palco e unha faixa informativa na Alameda, so pretexto de que coincidía coas festas da Ascensión. Denegaba tamén a posibilidade de ter amplificación para as intervencións no acto de feche. Isto último, xa sen indicar motivo algún.
“Nos 26 anos de historia da Mesa nunca nos encontramos cunha resolución semellante, tan disparatada”, afirmou Callón, quen asegurou que “é un ataque á liberdade de expresión, non só un ataque á liberdade de opción lingüística. Un ataque a que haxa na nosa sociedade diversidade de opinións”.
O portavoz da Plataforma explicou que, unha vez recibida a resolución municipal, que cualificou de “arbitraria e inxusta”, presentouse perante os tribunais un recurso. A resolución xudicial recoñece o dereito a finalizar o acto co palco e coa megafonía e a pór unha faixa informativa, considerando que, do contrario, se producirían danos irreparábeis. “O que fan os tribunais é devolver a normalidade”.
Para Callón, o feito de o Concello agardar a que ficasen tan só 48 horas para a celebración da manifestación denota “a vontade de facer mal do goberno do Sr. Angel Currás, herdeiro, nas formas, do que foi o período de mandato de Conde Roa e, no fondo, no seu desprezo á lingua e cultura galega e ás normas de convivencia”.
Carlos Callón considerou tamén “disparatado” tratar de xustificar este intento de “coutar a liberdade de expresión” por mor das festas da Ascensión cando, lembrou, “nin é a primeira vez que coinciden, nin será a última”. “A culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporaneo monolingüe en galego un 17 de maio”, brincou.
Por iso, fixo un chamamento a reaxir ante estes obstáculos antidemocráticos e a que “todos os que temos sensibilidade polo noso idioma, mesmo con independencia da lingua que utilicemos no noso dia a día, participemos mañá nesta mobilización social, para dicirmos alto e claro: Non no noso nome!; para dicirmos alto e claro: Hai que deter estes ataques contra o idioma que nos une, que nos identifica!”
Denunciou, ademais, os impedimentos –a través da Xunta de Galiza– para utilizar o galego con normalidade nos xulgados; a prohibición de que se poidan impartir determinadas materias en galego no ensino; que se estea a “varrer” o galego da educación infantil das nosas cidades e que se dilapiden cartos públicos, “máis de catro millóns de euros, segundo as estimacións máis baixas”, tirando libros de texto só por estaren en galego.
Valedor do Pobo
A respecto da demisión de Benigno López, considerou que “non é casual que agardase á véspera do día das Letras Galegas, á véspera dunha manifestación na cal falariamos da súa incompetencia, dos seus ataques contra o noso idioma”, para presentala. Neste sentido lembrou a mobilización convocada en Compostela, en apenas 24 horas, o 17 de decembro do pasado ano, por querer censurar un libro de texto que recoñecía o galego como lingua propia, e que reunu 2.000 persoas pedindo a súa demisión. E lembrou tamén o reiterado incumprimento das súas funcións cando desde A Mesa pola Normalización Lingüística se lle tramitaban queixas por vulneración de dereitos lingüísticos. “Non nolas xestionaba, non nolas tramitaba, de forma que cando emitía os seus informes anuais estaban realmente adulterados. ‘Se han reducido las quejas por vulneración de derechos lingüísticos’, dicía sen vergoña”.
Xunto a isto, manifestou o seu desexo de que a persoa que sexa nomeada Valedor do Pobo teña como insignia cumprir coas altas funcións encomendadas, recuperando así o prestixio da institución. ler máis
Autobuses manifestación Queremos Galego
Esta información actualizarase varias veces antes do vindeiro 17 de maio, para ir incluíndo os datos de todas as comarcas.
O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras
Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.
Queremos Galego recorreu hoxe mesmo nos tribunais e mantén a convocatoria “con máis razóns que nunca”.
Carlos Callón: “Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos”.
Presentación de Outramente, de Pilar García Negro
A prestixiosa sociolingüista, unha das fundadoras da Mesa e colaboradora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos dá a coñecer esta nova obra o 22 de maio na Coruña.
A Mesa propón que as familias con crianzas en educación infantil entreguen esta instancia
Utiliza este escrito e dáo a coñecer entre outras familias.
Se o entregas, por favor informa á Mesa no correo-e amesa@amesanl.org, para que poidamos facer seguimento.
Queremos Galego organiza este 16 de maio na Estrada un pasarrúas e unha mesa redonda
O acto celebrarase o vindeiro 16 de maio ás 20:30 na Sala de Exposicións de NovaGalicia Banco
Con anterioridade, desde o pedrón de Marcial Valladares na Alameda, está previsto realizar un pasarrúas pola Estrada até a praza da Farola, con paradas en lugares emblemáticos da nosa historia e cultura, e co recital de poemas sobre a nosa lingua. Este acto dará comezo ás 19:00 h.
Recital-conferencia en Vigo "Itinerario poético pola defensa do idioma"
O 16 de maio ás 20 h na Biblioteca Central de Vigo.
Podes consultar aquí o evento no facebook.
A Caravana Vilamor visita Ourense
Carlos Callón: "Benigno López carece do rigor e da credibilidade para continuar como Valedor do Pobo".
A Mesa sinala que "canto máis tempo permaneza este home no cargo, máis desacreditada estará a institución do Valedor."
A túa achega será unha flor para a primavera do galego
Podes facer a túa doazón a Queremos Galego a través do número de conta 2100 5753 01 02 00053054, de La Caixa. Rogámosche que indiques no concepto “Achega individual 17 de maio de 2012”. Co teu apoio dáslle forza á nosa lingua e ao movemento cidadán que a defende.
Recital-conferencia na Coruña "Itinerario poético pola defensa do idioma"
O 23 de maio ás 20 h no Centro Cultural Ágora da Coruña.
Velaquí o evento no facebook.
Conferencia en Monforte do vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro
O 18 de maio ás 20.15 h, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O Concello da Coruña recupera a denominación ilegal de Ayuntamiento de *La Coruña, á que renunciara en 2006, na cartelaría que anuncia a iniciativa Noite Branca de apoio ao comercio local.
A maior asociación cultural galega recorda que o alcalde Negreira votou en favor da oficialidade da toponimia galega cando era deputado no Parlamento de Galiza.
Coñece a tenda virtual de Queremos Galego
Desde esta ligazón podes ver e comprar os materiais da plataforma unitaria Queremos Galego.
Comeza o Correlingua en Ourense baixo o lema Galego, todo o que buscas
As carreiras pola lingua percorrerán 12 vilas e cidades galegas até o 16 de maio.
Presentación en Malpica de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O 14 de maio no Centro Cívico, co apoio da asociación Caldeirón.
Podes consultar aquí o evento en facebook.
A Mesa explica na Universidade de Padua a situación do noso idioma
O presidente da asociación foi convidado a ministrar unha conferencia na universidade desta cidade italiana o vindeiro 8 de maio.
Presentación en Viveiro de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O 18 de maio no Salón de Usos Múltiplos da Casa do Concello, coa participación da concelleira de Cultura, Olaia Casas.
Podes consultar aquí o evento no facebook.
A Mesa escolleu nova dirección e acordou as liñas de actividade para os próximos meses
Nova composición da Permanente da Mesa: Carlos Callón (presidente), Susana Méndez (vicepresidenta 1ª), Carlos Outeiro (vicepresidente 2º), Iria Taibo (secretaria xeral) e Paulo Filgueiras (coordinador de Zonas e Comunicación).
Aprobouse unha resolución de apoio a todos os medios de comunicación en galego, en particular aos que están devolvendo a esperanza nos últimos tempos coa súa chegada (Dioivo, Praza Pública e Sermos Galiza). Alentouse tamén a conseguir subscricións para Sermos Galiza, de forma que a lingua galega poida regresar aos quioscos o vindeiro 17 de maio.
Presentación en Barcelona de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O 9 de maio na Galería Sargadelos ás 20:30 h.
Podes consultar aquí o evento no facebook.
Reproducimos a entrevista ao presidente da Mesa, Carlos Callón, na páxina da Coordinadora de Técnicas/os de Normalización da Lingua (CTNL).
Incorpóranse á Permanente da Mesa Susana Méndez (enfermeira), Carlos Outeiro (enxeñeiro) e Paulo Filgueiras (profesor de secundaria).
A Mesa suma esforzos para deter as políticas contra o galego e chama á sociedade a participar na manifestación do 17 de maio.
A entidade cidadá en defensa do galego chama a facer un "consumo lingüístico responsábel" optando por aqueles medios de comunicación que empregan e apoian o noso idioma propio
O Correlingua denuncia a falta de colaboración do Concello da Coruña
Por sorpresa, a última hora, o Concello negou a colaboración que viña prestando todos estes anos á celebración da carreira escolar.
CO LEMA “GALEGO.TODO O QUE BUSCAS” ARRINCA O 2 DE MAIO EN OURENSE A XIII EDICIÓN DO CORRELINGUA
O IES Rosalía de Castro acolleu esta mañá a entrega de premios do Certame de
Banda Deseñada, Vídeo e Manifesto ao alumnado gañador.
As carreiras pola lingua percorrerán once comarcas galegas coa participación de
centros de ensino de toda Galiza.
Vídeo sobre as graves discriminacións lingüísticas en Vigo denunciadas pola Mesa
Ofrecemos o vídeo do informativo de ViarTV. A TVG nin se achegou nin se interesou en ningún momento pola noticia, a pesar de estar convocada. Contrasta a súa negativa a informar de casos como estes coa megafonía que ofrece aos grupos que atacan o noso idioma e o seu amparo legal.
A Mesa convoca o premio empresarial Abertos ao Galego
O galardón entregarase anualmente a empresas que destaquen polo seu uso normal do galego.
O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 2 de maio.
<< anterior Maio 2012 seguinte >>
ABERTOS AO GALEGO.- Presentación en Santiago de Compostela o 26 de outubro
Abertos ao Galego organiza un acto de presentación do proxecto o próximo mércores (cuarta feira) 26 de outubro ás 20.30 horas no Restaurante O Dezaseis