A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

DEREITOS LINGÜÍSTICOS.- A Mesa valora que a escasa afluencia á manifestación supón un 'batacazo' para os convocantes e para o PP


[08/02/2009]

A Mesa rexeita os altercados violentos producidos na marcha contra o galego

A Mesa pola Normalización Lingüística rexeita os altercados violentos producidos esta mañá na marcha contra o galego convocada por Galicia Bilingüe. “Lamentamos que se produzan manifestacións de intolerancia e odio en calquera sentido, algo que rexeitamos máis aínda cando se bota man da violencia, en calquera grao”, transmite a asociación.

As cifras de asistentes á mobilización contra o galego, mesmo as máis exaxeradas, supoñen un “batacazo” tanto para a asociación que formalmente convocaba como para o PP, que foi a entidade que máis se mobilizou (o resto eran colectivos foráneos ou marxinais). A afluencia estivo moi por debaixo das expectativas dos convocantes e das capacidades de mobilización do PP por outros temas.

A Mesa lembra que hoxe estaban congregadas en Santiago organizacións residuais da extrema dereita como a Falange e moitas persoas provenientes de fóra de Galiza, que descoñecen a nosa realidade e se mobilizaron igualmente contra a posibilidade de que se adopten medidas para a igualdade xurídica e social do galego co castelán.

A Mesa confirma que, “a pesar do toque de corneta do PP, a sociedade galega deulle as costas a unha manifestación que foi contra principios básicos de convivencia, como o recoñecemento do galego como lingua propia e cooficial”.

Arriba

Máis noticias

17 DE MAIO.- A Mesa lamenta as insinuacións 'violentas e carroñeiras' de Galicia Bilingüe

ARTIGO.- 'A forza da palabra', por Carlos Callón

DEREITOS LINGÜÍSTICOS.- A Mesa lembra que 'a triste realidade é que en Galiza aínda non se pode vivir en galego con normalidade'

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate