A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate


¿Que é a Mesa pola Normalización Lingüística?

A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.

Nacemento

En abril de 1986 diversas asociacións convocaron un "Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística" que reuniu a case 500 asistentes. Entre as resolucións finais, acordouse constituír unha Mesa Permanente para a Normalización Lingüística que se encargase de poñer en práctica as conclusións daquel encontro.

A MESA conseguiu especial relevancia en decembro de 1987, cando o goberno central requiriu ao governo galego para que retirase o esencial da orde do 31 de agosto de 1987 pola que se incorporaba o galego como lingua vehicular do ensino. A MESA convocou a institucións, asociacións cívicas, APAs, sindicatos, organizacións políticas e a toda a cidadanía en xeral a unha gran mobilización o 13 de decembro de 1987 coa finalidade de defender o proceso de normalización lingüística no ensino, baixo a consigna "Aprender en galego non é un delito". Esta manifestación congregou, segundo datos oficiais, a máis de 25.000 persoas.

Actividade

Podes atopar un resumo das actividades desenvolvidas pola Mesa dende a súa creación na sección Que facemos? Se che interesa algún tipo de actividade en concreto, alí atoparás as seguintes seccións:


 
     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate